CURSO COÑECEMENTO DA CIDADE A TRAVES DA SUA HISTORIA E ARTE

O curso de Coñecemento de Vigo a Través da sua historia e arte fará unha parada durante as datas de nadal e se retomará o 16 de Xaneiro no local da Asociación.

ACTIVIDADES NENOS NADAL

Este Nadal na asociación de Veciñanza da Miñoca teremos actividades impartidas pola Concellería de Normalización lingüistica do Concello de Vigo, aquí tedes todo o que faremos para os nenos!


FELICES FESTAS E BO NADAL

Na asociación de veciños da Miñoca estamos encantad@s de poder felicitarte este Nadal, 
Esperamos que estas festas as celebredes en compañia dos seres queridos, que veñan cargadas de bos momentos, e que o ano 2017 que entra poidamos compartir máis alegrias e experiencias

Un saudo e unha aperta 

A Directiva

CAMPAÑA RECOLLIDA ALIMENTOS NADAL

Comezamos xa coa campaña de recollida de alimentos para Nadal, podes poñer o teu granito de arena na asociación deixando algo para que as familias que teñen menos poidan disfrutar tamen deste nadal