FOTOS CHOURIZADA 2017

Fantástica velada a do día 23 con gran asistencia de público, onde se repartiron arredor de 3.000 bocadillos de chourizo.
Graciñas a todos por vir.











RIBEIRA SACRA MÁXICA

O día 24 de setembro faremos unha excursión pola Ribeira Sacra con saída as 8.00 h. en autocar cara Os Peares con visitas; Ruta polos miradores da ribeira Lucense en Minitren con cata de viños e degustación. Almorzo en restaurante e pola tarde Visita ás pasarelas do Rio Mao e ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. A última hora da tarde chegada a VIGO

O prazo para anotarse comeza o luns 3 de xullo e será preciso depositar 10 € como reserva da praza.

EXCURSIÓN A CÍES PARA MULLERES.



O vindeiro xoves 29 faremos unha excursión ás Illas Cíes para mulleres


Aquelas persoas interesadas poden pasar pola asociación antes do día 22 de xuño en horario de 10.30 a 12.00 horas e de 17.00 a 20.00 h. Será preciso aportar o número do DNI para tramitar os billetes.

EXCURSIÓN A CÍES PARA FAMILIAS.



O vindeiro domingo 9 de xullo faremos unha excursión para toda a familia ás Illas Cíes.


Aquelas persoas interesadas poden pasar pola asociación en horario de 10.30 a 12.00 horas e de 17.00 a 20.00 h. Será preciso aportar o número do DNI para tramitar os billetes.

CHOURIZADA- FESTA SAN XOÁN



Un ano mais, o proximo 23 de xuño a partir das 20 horas, celebraremos na Praza da Miñoca a nosa tradicional Chourizada. Contaremos coa actuación de varias agrupacións desta asociación e dun conxunto musical, repartiremos bocatas de chourizo e a media noite prenderemos a fogueira.





Contamos coa vosa presenza para pasar unha fantástica  velada festeira, onde ademais daremos a coñecer parte das actividades que se desenvolven ao longo do ano e ter a oportunidade de estreitar así  lazos de fraternidade entre a veciñanza.

Agardámosvos!!