A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero


Desde a Concellería de Igualdade convídannos a asistir á proxección dos Microvideos que o alumnado de secundaria da cidade realizou no marco da iniciativa municipal "EnlazaVigo contra a violencia de xénero 2017" sobre o lema "A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero" e que pertencen aos seguintes centros:
IES A GUIA : "Rompe coa cadea"
IES ALEXANDRE BÓVEDA: "016"
IES CARLOS CASARES: "Nas ondas da memoria"
CPR APOSTOL SANTIAGO : "Que no te controlen"
CPR DANIEL CASTELAO: " Ponle fin"
CPR DIVINO SALVADOR: "De antónimos a sinónimos" e "Todos somos uno"
CPR ESCOLAS NIETO: "Dejarse ayudar"
CPR LABOR: " Liberada", "Todo tiene solución" e "No lo maquilles"
CPR MERCANTIL: "STOP Acoso", "Unha menos?", "Pide axuda" e "La denuncia el mejor camino"
Esta actividade pretende por unha banda visibilizar e recoñecer o traballo, esforzo e implicación do alumnado e profesorado que participou na realización e coordinación dos microvídeos e por outra banda, sensibilizar e informar á cidadanía sobre a violencia de xénero.
A Concellería de Igualdade distribuirá entre o público asistente material de sensibilización para previr a violencia de xénero (pulseiras, gorros ou camisetas)
Esta proxección terá lugar este xoves, 30 de novembro, ás 19:00h, no Auditorio municipal do Concello (Praza do Rei s/nº). Duración estimada: 50 minutos
Entrada libre ata completar a capacidade do local. Agradecemos a difusión desta mensaxe entre os vosos contactos e amizades


"O humor en cadriños II"

O vindeiro luns, 4 de decembro, ás 19 horas no local da asociación contaremos coa presentacia de Felix Caballero que nos presentará o seu libro "O humor en cadriños II"


Visita ao Pergamiño Vindel






Dende a asociación temos unha visita guíada o " Pergamiño Vindel", que como sabedes contén as coplas de Martín Codax con Vigo como protagonista. A exposición , que conten tamen outras cousas está no museo do Mar de Vigo.
Esta visita será o 22 de novembro as 18h. O precio da mesma e de 1,50 €.
Si queredes asistir tedes que anotaros na asociacción a partires do luns 6 de novembro.
As prazas son limitadas.



CONCERTO DA CORAL "AS VOCES DO TORREIRO" DE COIA COA COLABORACIÓN DA "CORAL VAGALUMES" DE CHANDEBRITO.



Sábado 11 de novembro ás 20.00 horas no local da asociación



EXCURSIÓN A ROMA

As persoas interesadas en acompañarnos a visitar Roma poderan anotarse no local da asociación a partir do luns 13 de novembro.

VIAXE Á RIOXA


Os nosos viaxes: Terra de Monxes e viños:: A Rioja.
Outubro:26/30 2017
Coñecendo outros lugares aumentamos a nosa cultura e valoramos o noso, ou eso pretendemos e con esa idea fixemos este percorrido.
Saimos cedo ó día 26 e fomos a comer a Sahagún, camiño de Santiago, lugar xa coñeccido e onde paseamos e visitamos algunha igresa. Pola tarde de camiño vititamos Carrión de los Condes.  A tardiña chegamos a Haro, lugar de destino,  e despois de cear, ainda que o hotel estaba nas aforas, nos decidimos a visitar Haro nun paseo interesante. Pero a verdadeira visita a cidade a fixemos a seguinte mañá partindo do barrio das  bodegas “emblema de Haro” percorrendo as calles, plazas e igresas e o río Oja-Tirón
Pola tarde fomos a Nájera, capital que foi do reino Nájera-Pamplona, hoxe un pobo onde o mosteiro de Santa María a Real e a principal atracción.
O terceiro día, os mosteiro emblemáticos de Rioja foron os protagonistas: San Millán da Cogolla: Suso e Yuso, moi distintos entre si e ambos referentes da lingua castelá e vasca recibiron a nosa visita. Comimos en San Millán e pola tarde nos fomos o Mosteiro da nosa Sra de Valvanera, patrona de Rioja, foi o noso obxectivo. Está situado nún lugar boscoso, moi bonito, pero de acceso sinuoso.. De regreso descubrimos Anguiano, lugar de sona polos danzantes en zancos.   
O domingo pola mañá nos diriximos a Briones un pobo moi bonito con igresas, bodegas, rúas e casas pintorescas. Nos gustou ó museo,  “a casa encantada”, situado no Concello. De alí pasamos a unha cata de viño, non podía ser menos, en Haro,na bodega CVNE: compañía vinícola do norte de España: moi interesante.
Pola tarde foi Logroño o noso destino, vimos, como non, igresas rrelacionadas co Camiño, o Ebro, e paseamos pola cidade.

Chegamos ó día de regreso, no que aproveitamos xa de camiño, para visitar Sto Domingo da Calzada, cunha Catedral, compartida con Calahorra e Logroño, moi interesante e un pobo onde o Camiño e o referente. Voltamos a comer  en Sahagun. E regresamos  cun pouco de maior coñecemento do noso entorno, especialmente do CAMIÑO.

Algúns dos momentos vividos nestes días que queremos compartir