Asociación de Veciños da Praza da Miñoca

Rúa Luis Ksado nº 12  36209 Vigo












Estamos de Cumple
Un día como hoxe, fai 22 anos a AV PRAZA DA MIÑOCA, inscribiuse como tal, comenzando a sua andadura.
Esta entidade nace baixo a presidencia de Roberto Piñeiro para defender os dereitos do barrio, nese momento en creación, cunha problemática esencialmente urbanística.
A sede social da AV estivo provisionalmente na casa do presidente e posteriormente na rúa Eugenio Kraff, local bastante precario, cedido polo Concello.
No transcurso da sua existencia, pasaron pola presidencia Ángel Orge e Marina Miguelez cunha duración cada un deles de poucos meses. No ano 2003 faise cargo da mesma Elena Losada. O seu carón sempre houbo e hai un equipo de persoas, a directiva, que apoia e leva a cabo as labouras necesarias para cumplir os obxectivos.
No transcurso da sua existencia logrouse de xeito material: a ubicación na Praza da Tellada da piscina e ximnasio, o aparcamento na rua 10 de marzo interior, o lugar de recreo con mesas nun lateral de Eugenio Kraff, a reparación do parque da Tellada etc.
Noutro orde, a xestión dunha media de 35 queixas ou preguntas, manifestadas pola veciñanza a maior parte para o Concello referidas a problemas físicos da zona, e en moitos casos resoltas. 
No ano 2015, conseguiuse ter un edificio moi digno en Luis Ksado, propiedade do Concello, que nos permite aumentar e desenvolver mellor os nosos obxectivos que non se circunscriben soamente a problemática física.
Nestes 22 anos a poboación da zona, e polo tanto as persoas asociadas fomos facendonos maiores, ainda que moi dinámicas, polo que se precisa evolucionar e posibilitar unha atención a diversidade xa que se pasou de 215 socias e socios no ano 2003 a 1048 na actualidade. Esto implicou mais actividades no centro, memoria activa,  inglés, utilización de novas tecnoloxías, coñecemento da ciencia a través dos textos… así como saidas a coñocer Vigo e as suas institucións, exposicións eventos especiais, viaxes, e traer conferenciantes que nos aproximen a realidade etc.
Como moi importante e de destacar o nomeamento da asociación como Viguesa Distinguida no 2018 por parte do Concello.
E queremos resaltar que nesta pandemia, como sabedes, a AV enviou a todalas persoas asociadas que nos deron o seu WhatsApp, comunicación diaria, para informar e animar mantendo vínculos. Así mesmo sempre  hai dous  nº de tlf  para poder apoiar en calquera situación.
Queremos pois acompañar as necesidades cambiantes da nosa sociedade, e so podemos recordar o fin prioritario orixinal que seguimos mantendo: “Atender as múltiples necesidades sociais e culturais dos veciños e residentes no ámbito da asociación”
Grazas, a todas as persoas asociadas, por compartir todos estes anos.

A xunta directiva




0 comentarios:

Publicar un comentario