CHOURIZADA- FESTA SAN XOÁN



Un ano mais, o proximo 23 de xuño a partir das 20 horas, celebraremos na Praza da Miñoca a nosa tradicional Chourizada. Contaremos coa actuación de varias agrupacións desta asociación e dun conxunto musical, repartiremos bocatas de chourizo e a media noite prenderemos a fogueira.





Contamos coa vosa presenza para pasar unha fantástica  velada festeira, onde ademais daremos a coñecer parte das actividades que se desenvolven ao longo do ano e ter a oportunidade de estreitar así  lazos de fraternidade entre a veciñanza.

Agardámosvos!!

0 comentarios:

Publicar un comentario