A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero


Desde a Concellería de Igualdade convídannos a asistir á proxección dos Microvideos que o alumnado de secundaria da cidade realizou no marco da iniciativa municipal "EnlazaVigo contra a violencia de xénero 2017" sobre o lema "A mocidade viguesa na onda contra a violencia de xénero" e que pertencen aos seguintes centros:
IES A GUIA : "Rompe coa cadea"
IES ALEXANDRE BÓVEDA: "016"
IES CARLOS CASARES: "Nas ondas da memoria"
CPR APOSTOL SANTIAGO : "Que no te controlen"
CPR DANIEL CASTELAO: " Ponle fin"
CPR DIVINO SALVADOR: "De antónimos a sinónimos" e "Todos somos uno"
CPR ESCOLAS NIETO: "Dejarse ayudar"
CPR LABOR: " Liberada", "Todo tiene solución" e "No lo maquilles"
CPR MERCANTIL: "STOP Acoso", "Unha menos?", "Pide axuda" e "La denuncia el mejor camino"
Esta actividade pretende por unha banda visibilizar e recoñecer o traballo, esforzo e implicación do alumnado e profesorado que participou na realización e coordinación dos microvídeos e por outra banda, sensibilizar e informar á cidadanía sobre a violencia de xénero.
A Concellería de Igualdade distribuirá entre o público asistente material de sensibilización para previr a violencia de xénero (pulseiras, gorros ou camisetas)
Esta proxección terá lugar este xoves, 30 de novembro, ás 19:00h, no Auditorio municipal do Concello (Praza do Rei s/nº). Duración estimada: 50 minutos
Entrada libre ata completar a capacidade do local. Agradecemos a difusión desta mensaxe entre os vosos contactos e amizades


0 comentarios:

Publicar un comentario