20º ANIVERSARIO

A nosa Asociación  de veciños cumpre 20 anos dende a sua fundación e 15 anos contando con Elena Losada Fernández á sua fronte en calidade de presidenta. 

Por este motivo o vindeiro 25 de febreiro terán lugar os actos de celebración do aniversario dando comezo  ás 12 do mediodia no local da Asociación onde poderemos desfrutar de diferentes actuación musicais para a continuación desprazarnos ao Hotel Coia onde terá lugar o xantar para todas aquelas persoas asociadas interesadas en acudir. 

O importe deste xantar está subvencionado en parte pola asociación sendo o prezo a pagar por persoa de 18 euros.

A partir do luns 29 poderedes pasar polo local para anotarvos podendo ademais indicar a preferencia por compartir mesa coas vosas amizades tendo en conta que o número de persoas por mesa é de 10.



0 comentarios:

Publicar un comentario