VIAXE Á RIOXA


Os nosos viaxes: Terra de Monxes e viños:: A Rioja.
Outubro:26/30 2017
Coñecendo outros lugares aumentamos a nosa cultura e valoramos o noso, ou eso pretendemos e con esa idea fixemos este percorrido.
Saimos cedo ó día 26 e fomos a comer a Sahagún, camiño de Santiago, lugar xa coñeccido e onde paseamos e visitamos algunha igresa. Pola tarde de camiño vititamos Carrión de los Condes.  A tardiña chegamos a Haro, lugar de destino,  e despois de cear, ainda que o hotel estaba nas aforas, nos decidimos a visitar Haro nun paseo interesante. Pero a verdadeira visita a cidade a fixemos a seguinte mañá partindo do barrio das  bodegas “emblema de Haro” percorrendo as calles, plazas e igresas e o río Oja-Tirón
Pola tarde fomos a Nájera, capital que foi do reino Nájera-Pamplona, hoxe un pobo onde o mosteiro de Santa María a Real e a principal atracción.
O terceiro día, os mosteiro emblemáticos de Rioja foron os protagonistas: San Millán da Cogolla: Suso e Yuso, moi distintos entre si e ambos referentes da lingua castelá e vasca recibiron a nosa visita. Comimos en San Millán e pola tarde nos fomos o Mosteiro da nosa Sra de Valvanera, patrona de Rioja, foi o noso obxectivo. Está situado nún lugar boscoso, moi bonito, pero de acceso sinuoso.. De regreso descubrimos Anguiano, lugar de sona polos danzantes en zancos.   
O domingo pola mañá nos diriximos a Briones un pobo moi bonito con igresas, bodegas, rúas e casas pintorescas. Nos gustou ó museo,  “a casa encantada”, situado no Concello. De alí pasamos a unha cata de viño, non podía ser menos, en Haro,na bodega CVNE: compañía vinícola do norte de España: moi interesante.
Pola tarde foi Logroño o noso destino, vimos, como non, igresas rrelacionadas co Camiño, o Ebro, e paseamos pola cidade.

Chegamos ó día de regreso, no que aproveitamos xa de camiño, para visitar Sto Domingo da Calzada, cunha Catedral, compartida con Calahorra e Logroño, moi interesante e un pobo onde o Camiño e o referente. Voltamos a comer  en Sahagun. E regresamos  cun pouco de maior coñecemento do noso entorno, especialmente do CAMIÑO.

Algúns dos momentos vividos nestes días que queremos compartir









0 comentarios:

Publicar un comentario