skip to main |
skip to sidebar
Día 21 de abril
VIGO – CUDILLERO – OVIEDO
- Á hora sinalada previamente, saída con destino Asturias facendo unha breve parada en CUDILLERO, fermoso enclave mariñeiro onde poderemos pasear polas súas rúas antigas e empinadas que forman no seu conxunto un anfiteatro sobre a praza principal.
- Continuaremos a viaxe para chegar ao hotel e xantar.
- Pola tarde visita á capital do principado, OVIEDO, para percorrer o seu barrio histórico, a súa catedral e outros edificios de interese.
- Tambien visitaremos as igrexas de SANTA MARIA DO NARANCO E SAN MIGUEL DE LILLO, destacados exemplos da arte prerromanica asturiana e parada obrigada na nosa viaxe.
- Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
Día 22 de abril
OVIEDO - MUSEO DA MINERIA - XIXÓN - VIGO
- Almorzo e saída cara ao ENTREGO, onde visitaremos un dos museos mais didácticos e interactivos da península; baixaremos a unha reproducion dunha mina real e percorreremos os seus túneles con explicacións de todo o proceso de extracción do mineral.
- Á finalización da visita continuaremos cara a XIXÓN para percorrer o seu centro histórico.
- Xantar nun restaurante e regreso a VIGO.
Servizos incluídos :
- Transporte en autocar de luxo
- Aloxamento en hotel de 3*** (proximidades de Oviedo)
- Réxime de pension completa (auga e viño incluídos)
- Aloxamento en dormitorios dobres
- Xantar en ruta
- Entrada ao museo da minería
- Seguro de viaxe
- IVE
Servizos non incluídos :
- Calquera non especificado no itinerario
Prezo por persoa: 68 €
0 comentarios:
Publicar un comentario