Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións

COMIDA ASOCIACION VECIÑAL PRAZA DA MIÑOCA

 


23 ANIVERSARIO

ENTROIDO 2021

 

Este ano non poderemos facer o #entroido2021 #avaminoca #avminoca. Votaremos de novo.



FESTA FIN DE CURSO


20 ANIVERSARIO


























20º ANIVERSARIO

A nosa Asociación  de veciños cumpre 20 anos dende a sua fundación e 15 anos contando con Elena Losada Fernández á sua fronte en calidade de presidenta. 

Por este motivo o vindeiro 25 de febreiro terán lugar os actos de celebración do aniversario dando comezo  ás 12 do mediodia no local da Asociación onde poderemos desfrutar de diferentes actuación musicais para a continuación desprazarnos ao Hotel Coia onde terá lugar o xantar para todas aquelas persoas asociadas interesadas en acudir. 

O importe deste xantar está subvencionado en parte pola asociación sendo o prezo a pagar por persoa de 18 euros.

A partir do luns 29 poderedes pasar polo local para anotarvos podendo ademais indicar a preferencia por compartir mesa coas vosas amizades tendo en conta que o número de persoas por mesa é de 10.



CHOURIZADA- FESTA SAN XOÁN



Un ano mais, o proximo 23 de xuño a partir das 20 horas, celebraremos na Praza da Miñoca a nosa tradicional Chourizada. Contaremos coa actuación de varias agrupacións desta asociación e dun conxunto musical, repartiremos bocatas de chourizo e a media noite prenderemos a fogueira.





Contamos coa vosa presenza para pasar unha fantástica  velada festeira, onde ademais daremos a coñecer parte das actividades que se desenvolven ao longo do ano e ter a oportunidade de estreitar así  lazos de fraternidade entre a veciñanza.

Agardámosvos!!

FESTA DE ENTROIDO PARA NENOS

O vindeiro martes 28 de febreiro celbraremos na asociación a partir das 17:00 a gran festa de entroido para os nen@s dos soci@os, haberá actuación do payaso Rudi Dudi e o remate da festa cada nen@ levará a sua bolsa de lambetadas. Agradecemos que se veña disfrazad@!

ACTIVIDADES NENOS NADAL

Este Nadal na asociación de Veciñanza da Miñoca teremos actividades impartidas pola Concellería de Normalización lingüistica do Concello de Vigo, aquí tedes todo o que faremos para os nenos!


FELICES FESTAS E BO NADAL

Na asociación de veciños da Miñoca estamos encantad@s de poder felicitarte este Nadal, 
Esperamos que estas festas as celebredes en compañia dos seres queridos, que veñan cargadas de bos momentos, e que o ano 2017 que entra poidamos compartir máis alegrias e experiencias

Un saudo e unha aperta 

A Directiva

FOTOS DE LA COMIDA ASOCIACIONES AMIGAS 2015

Que bien lo pasamos!! Os dejamos con las fotos de la comida con las Asociaciones Amigas 2015!!



FOTOS FESTA DA VECIÑANZA "CHOURIZADA SAN XOAN 2015"

...


E por fin outro ano chegou a Chourizada (San Xoán). Esta festa de celebración do inicio do verán, supón tamen para a asociación, un contacto coas persoas do noso entorno e especialmente coas persoas asociadas, un luxo. Este ano tén para nós a significación especial de xa estar no novo local onde  sentimos unha maior dignificación da nosa labor.

Na Praza da Miñoca a partir das 18 h e con música grabada, comenzamos a festa da que toda a Praza forma parte e constitue o escenario e actor e actriz. Pouco despois se comenzaba cos bocatas coñecese como choripan, e as bebidas que continuarán ata as 1h do 24.

A hora que vagamente iniciabase o solpor, no considerado ó día de maior luz do ano, actuaron as pandereteiras da asociación e posteriormente  ó duo "Rumbo Norte". Proporcionou a música bailable para toda a noite.

As 24 horas unha pequena fogueira preto do centro da Praza conmemorou ó día e permitiu facer os ritos da Noita de San Xoán.

Acudiu este ano moitísima xente que fixo que este ano houbera moitos momentos de bastante cola, disminuida rapidamente polo bó facer da xente que proporcionaba os bocatas.

Tivemos a satisfacción de que acudiran concelleiras e concelleiros do PP e tamén do PSOE co Alcalde da cidade a cabeza. Agradecemos a sua presencia por compartir con nós esta festa.

O pasamos moi ben, falamos, bailamos, comimos e bebimos, pero sobre todo compartimos  essta noite Mítica. Facendo barrio e cidade. 

Feliz noite de San Xoán