FOTOS FESTA DA VECIÑANZA "CHOURIZADA SAN XOAN 2015"

...


E por fin outro ano chegou a Chourizada (San Xoán). Esta festa de celebración do inicio do verán, supón tamen para a asociación, un contacto coas persoas do noso entorno e especialmente coas persoas asociadas, un luxo. Este ano tén para nós a significación especial de xa estar no novo local onde  sentimos unha maior dignificación da nosa labor.

Na Praza da Miñoca a partir das 18 h e con música grabada, comenzamos a festa da que toda a Praza forma parte e constitue o escenario e actor e actriz. Pouco despois se comenzaba cos bocatas coñecese como choripan, e as bebidas que continuarán ata as 1h do 24.

A hora que vagamente iniciabase o solpor, no considerado ó día de maior luz do ano, actuaron as pandereteiras da asociación e posteriormente  ó duo "Rumbo Norte". Proporcionou a música bailable para toda a noite.

As 24 horas unha pequena fogueira preto do centro da Praza conmemorou ó día e permitiu facer os ritos da Noita de San Xoán.

Acudiu este ano moitísima xente que fixo que este ano houbera moitos momentos de bastante cola, disminuida rapidamente polo bó facer da xente que proporcionaba os bocatas.

Tivemos a satisfacción de que acudiran concelleiras e concelleiros do PP e tamén do PSOE co Alcalde da cidade a cabeza. Agradecemos a sua presencia por compartir con nós esta festa.

O pasamos moi ben, falamos, bailamos, comimos e bebimos, pero sobre todo compartimos  essta noite Mítica. Facendo barrio e cidade. 

Feliz noite de San Xoán

0 comentarios:

Publicar un comentario