FOTOS EXCURSIÓN A AVEIRO Y COIMBRA 2015

...
Na asociación temos a costume de facer unha excursión cada mes, e en xuño, decidimos ir a Coimbra e Aveiro. 

O 27 e 28 deste mes tivo lugar esta visita. Fomos 70 persoas. Saimos de Vigo as 8h30m e a nosa primeira parada foi en Sta María de Feira, o tempo era estupendo e ali rodeado dun bosque visitamos o Castelo desta cidade, que hoxe amoxa desnvolvemento debido a sua proximidade con Oporto. O Castelo tén unha fisonomía de fortaleza xa que era un lugar defensivo. 

Continuamos a nosa viaxe ata Coimbra, na que a chegada fixemos unha visita panorámica a mesma e paseando na zona alta, visitamos a Universidade, a mais antigua de Portugal e a de maior sona. Nos fomos a comer o hotel Dona Inés, onde nos aloxabamos. O nome do hotel, que estaba moi ben e con piscina, honra a Inés de Castro, a galega que enamorou o rei Pedro e reinou despois de morir. 

Visitamos a cidade pola tarde con un calor considerable, as suas rúas e as iglesias e cruzando o rio Mondego para ver o convento de Santa Clara a Vella. De noite saimos a pasear pola zona céntrica xa que era u día de noites brancas e a temperatura baixou. Con satisfacción pola estancia no hotel o dia seguinte comenzamos a viaxe a Aveiro. Aveiro, a Venecia portuguesa, situado a veira do rio Vouga e con canales estaba chea de turistas. 

Nos dividimos en dous grupos e visitamos as salinas e fixemos un viaxe polos canales en “Moliceiros”. Posteriormente fixemos un paseo polas calles do lugar e seguimos viaxe para Ovar, onde comimos. Pola tarde fomos a visitar unha igrexa a de Valega no que o azulexo, tanto o exterior como o interior, que representan esencialmente escenas biblícas, teñen gran beleza e son sorprendentes. Tanto a Igrexa como o cemiterio próximo nos causaron excelente impresión. Regresamos a casa no hota do lusco fusco, con coñecementos e experiencias novas

0 comentarios:

Publicar un comentario