Sto. Andrés de Teixido - Cedeira - Ferrol
Data: Domingo, 29 de xullo
Saída: 8.30 horas (asociación veciñal)
Prezo: 24 €
Inscricións: na asociación veciñal
Santo Andrés de Teixido
Quen non coñece o dito tan repetido en Galicia: "A Santo Andrés de Teixido vai de morto que non foi de vivo"? Este lugar apartado e remoto durante tantos e tantos séculos foi dende a máis remota antigüidade un dos cabos do mundo, unha das finis terrae atlánticas. O lugar onde acaban os camiños da terra e mesmo da vía láctea do ceo, e, polo tanto, onde acaban tamén os camiños da vida.
Cedeira
A vila de Cedeira, onde nacen as rías do norte, ábrenos as portas a unha das paisaxes máis salvaxes e espectaculares de Galicia, entre as que se contan algúns dos acantilados máis altos de Europa, coa Punta Vixía Herbeira elevándose 615 metros de caída sobre o mar. O barrio vello do núcleo urbano de Cedeira, situado á beira dereita do río Comiñastivo amurallado no medievo. Nalgunhas das casas consérvanse os escudos nobiliarios dos antigos propietarios, como os Andrade.
Ferrol
Esta cidade é unha das más importantes de Galicia e paseando por ela coñeceremos o seu rico patrimonio histórico e monumental, propio dunha cidade dinámica que se foi construíndo ao longo do tempo cunha identidade propia que se expresou na súa fermosísima arquitectura urbana, nas fortalezas defensivas da súa ría e nunha contorna paisaxística de inigualable beleza.
0 comentarios:
Publicar un comentario