Viaxamos a Portugal en febrero
O 13 de
febreiro as 8h saimos rumbo a Chaves, poboación portuguesa a 12 Km de España pola zona de Verín. O día estaba moi ventoso e chuvioso.
O chegar a
Chaves nos fomos a velo barrio antiguo despois de atravesar a Ponte de Trajano construida en tempos deste,
e que posee dos miliarios con inscripciones en latín. Este lugar
coñecido por ser un balneario romano , xa que a auga sae a 75ºC,posee un casco
antiguo na parte esquerda do río Tamega que visitamos. Tamén estivemos en as
suas duas iglesias mais importantes.
Continuamos
hacia Vila Real, cidade fundada polo rei
Dinís na idade media para poder gobernar a zona das Panoias de riqueza agrícola. Situada nunha colina está rodeada por dous ríos. Como chovia tanto
só vimos o lugar no bús , as ruas principais e a Picota, e entramos na sua
Catedral, a Sé, do s.XV. E nos fomos a
comer. Comimos bacalao, moi ben
Despois de
comer nos diriximos, continuando con
moita chuvia e vento o Solar de Mateus, finca
solariega do S XVIII referente en
Portugal que se fixo moi coñecida pola venta de viño Rosé nunha botella
característica. Esta finca tén
agora funcións derivadas das dos obxectivos da fundación..
Continuamos
a nosa viaxe a Braga, terceira cidade de Portugal . Chegamos as19h e nos
aloxamos no hotel Mercuri situado moi céntrico. Houbo baile e saida nocturna.
Domingo 14.
Pola mañán
saimos a visitar a cidade paseando,
ainda que a choiva e o frio nos
acompañaban. Durante duas horas percorrimos
os lugares de maior interese da
mesma. Despois de ter tempo libre nos
atopamos no hotel para comer.
A tarde a
adicamos a visitar O Bon Xesús. Subimos o monte Espiño, en funicular, que se move por auga. No Bón
Xesús tamen podemos pasear polo parque
que acompaña o santuario. O baixar, parte das persoas o fixeron andando para
contemplar as fontes, capelas e
esculturas que dan sona as escaleiras
zizagueantes do Bón Xesús.
En bús nos
diriximos o Santuario de Sameiro, próximo o anterior que vimos dende o coche.
Antes de
volver pasamos por diante do estadio de
fútbol do Braga, xa que o seu arquitecto: Eduardo Souto de Moura levou o
premio Pritzker por esta obra.
Regresamos a Vigo con, por momentos, moita choiva e
vento. En Vigo as 20h 45m.




































0 comentarios:
Publicar un comentario