EXCURSIÓN A CANTABRIA 2015

...

E agora estivemos en Cantabria 

Aproveitando que ó día 1 de maio era venres e pudemos ter tres días festivos, nos fomos de viaxe a Cantabria. Saimos moi cedo, as 7h  e fomos comer a beira de Santander a Bezana onde estaba o noso hotel.  Pola tarde con moi bó tempo e  de xeito moi relaxado visitamos Santillana del Mar, que debe o seu nome a Colexiata de Santa Xuliana, e que e un dos pobos máis bonitos de España, con unas edificacións moi interesantes e adicada esencialmente o turismo.

O segundo día pasamos a mañán en Santander, capital de Cantabria, e unha cidade refinada e con tradición de veraneo da nobleza española dende a época de Isabel II. Fixemos primeiramente unha visita panorámica para poder chegar o palacio da Magdalena, regalado a Alfonso XIII e hoxe patrimonio de Cantabria e sede da Universidade Menendez Pelayo. O faro de Cabo Mayor, o Sardinero e o seu campo de fútbol, o hospital de Valdecilla  e as ruas en xeral.

Cando iniciamos o noso paseo no centro visitamos a Catedral, Deputación, Concello, mercado da Esperanza con gran cantidade de productos da terra, as zonas peatonales e especialmente a Praza Porticada corazón da cidade.

Pola tarde visitamos Comillas, lugar de Antonio López y López, indiano que fixo a sua fortuna en Cuba e convertiu este Concello en capital de España e primeiro lugar de iluminación eléctrica pública cando Alfonso XII pasou alí as suas vacacións. O palacio de Sobrellano, O Capricho de Gaudí e A universidade Pontificia, hoxe adicada a un centro de linguas son os seus maiores referentes.
Proseguimos a visita en San Vicente de la Barquera, pobo pescador de factura moi interesante e acolledora. Regresamos a dormir a Bezana.

O domingo, que xa era de regreso, nos diriximos a outra zona de Cantabria, a montaña, os Picos de Europa a seu corazón, a Potes. Primero visitamos o Monasterio de Liébana, famoso polos comentarios do beato de Liébana sobre o apocalisis, e que cando ó 16 de abril e domingo e ano santo. Un lugar delicioso entre montañas con moito senderismo. En Potes poidemos pasear e ver as suas construccións, tamén en moitos casos procedentes de indianos. Comimos aquí.

Pola tarde regresamos a Vigo. Maio 2015 

0 comentarios:

Publicar un comentario