EXCURSIÓN EXTREMADURA 2015


Ó pasado día 20, 21 e 22 de marzo nos fomos de viaxe a Extremadura. Queríamos ter unha excursión que conxugara tanto a visión da natureza como a monumental, de diversas épocas da que Extremadura é un exemplo.

Fomos polo val do Jerte, non houbo sorte na floración das cerdeiras que estaba atrasada, pero si no tempo, que nos permitiu gozar do val e das belezas das montañas. Visitamos Plasencia, Trujillo, Cáceres e Mérida. Pudemos contemplar  os cascos históricos destas ciudades  explicados por guías locais  que nos fixeron disfrutar. Dormimos os dous días en Mérida nun hotel a veira da ponte romana, que nos posibilitou  visitala de noite.

Creo que coincidiriamos  a maior parte das persoas na valoración da visita a Merita Augusta onde as edificacións romanas, do que foi unha das ciudades importantes do Imperio, nos  impresionou o seu tamaño e magnificencia. E unha satisfacción que se recuperen cara entender a nosa historia e que como no caso do teatro recupere o seu uso no verán como o maior do país.


Nos queda unha grata impronta, que será ilustrada coas fotos, que nos permitirá un criterio mais axustado sobre Extremadura.  

0 comentarios:

Publicar un comentario